De momento a parte de robótica está en obras, pero en Código Octopus tedes unha chea de material en galego para o profesorado de calquera materia que desexe introducir a programación nas súas clases.
Contén material para aprender a programar en Scratch en Educación Primaria e Educación Secundaria e nun futuro tamén para facer proxectos de S4A: Scratch for Arduino (isto aínda está en preparación)
As nosas propostas didácticas teñen un carácter multi e interdisciplinario,
e estamos abertos á colaboración do profesorado para poder dar a
coñecer a través desta web outras propostas de traballo con Scratch de
áreas e niveis diversos.
Animádesvos a programar?
No hay comentarios:
Publicar un comentario